NORMAS DO VIII TORNEO DE FÚTBOL SALA

 DA FERREIRÚA 2005

 

www.ferreirua.com

1.- Tódolos encontros celebraranse na pista polideportiva da Ferreirúa.

2.- Xogaranse dous tempos de 20 minutos a reloxo corrido.

3.- Os equipos deben presentarse con QUINCE MINUTOS de antelación á hora marcada para a celebración do encontro.

4.- Os xogadores deberán ser pertencentes ó Concello da Póboa do Brollón ou ter vinculación familiar directa.

     4.1.Os xogadores deberán ser pertencentes ó Concello da Póboa do Brollón:

                               *Ser nados no Concello.

                               *Estar censados no Concello.

                               *Ter vinculación laboral no Concello.

                               *Ter empresa con razón social  no Concello.

      4.2.Vinculación familiar directa:

                               *Os xogadores cuios pais, avós ou tios seus ou dos seus cónxuges pertenzan ó Concello da Póboa do Brollón.

      4.3.Alumnos/as e Ex-alumnos/as do centro Cristo Rei da Ferreirúa.

 

Cando haxa dúbidas serán os equipos os que deberán presentar as reclamacións e as oportunas xustificacións da legalidade do requirido.

5.- Antes do primeiro encontro que cada equipo participante dispute no torneo, deberá presentar a relación dos compoñentes do equipo, que estará composto por un máximo de DOCE XOGADORES,  e un mínimo de SEIS XOGADORES. Esta relación  poderá ser ampliada ata  o remate da primeira fase.

6.- Tódolos compoñentes do equipo deberán  te-lo D.N.I. consigo, pois poderá serlle solicitado en calquera momento pola Mesa, Arbitro ou Organizadores.

7.- Os encontros darán comezo á hora fixada no calendario.Si algún dos equipos non se presentase á hora fixada para o inicio do mesmo, daríaselle un prazo de dez minutos para que fixese acto de presencia na pista de xogo, si transcorrido este prazo non houbera na cancha ó menos catro xogadores  para dar inicio ó partido, daráselle este por perdido e quedará automaticamente eliminado do torneo.

8.- Os equipos poderán ser mixtos e cada  equipo poderá efectua-los cambios que estime adecuados, previa solicitude á Mesa.

9.- Durante ó partido os equipos en liza poderán solicitar á mesa dous tempos mortos, un en cada período, non podendo gozalos nos últimos cinco minutos de cada parte.A duración de cada tempo morto será de un minuto.

10.- En caso de empate a puntos terase en conta a seguinte orde:

         1º)  Equipo máis deportivo  ( Conxunto con menos tarxetas entre os empatados a puntos ).

         2º) Diferencia de goles a favor e en contra.

         3º) Resultado particular a goles entre os equipos afectados.

         4º) Equipo menos goleado.

11.- En caso de empate nas fases eliminatorias recorrerase ó lanzamento de tres penaltis.

12.- Todo Xogador  que sume tres tarxetas amarelas no transcurso do torneo, deberá cumprir un encontro de sanción, entendendo que non poderá ser aliñado no seguinte partido que dispute o seu equipo.

13.- Todo xogador ó que se lle mostren dúas tarxetas amarelas nun encontro e polo tanto unha azul, (tarxeta que dá dereito a sustituir ó xogador amoestado por outro) contabilizaránselle tres tarxetas amarelas, a efectos da norma anterior.

14.- Todo xogador ó que se lle amose a tarxeta azul non directa será sancionado cun encontro sen xogar.

15.- Todo xogador ó que se lle amose unha tarxeta azul directa non poderá xogar os dous seguintes partidos que dispute o seu equipo. A organización do torneo reservarase o dereito de sancionar ou descalificar ó equipo ou xogador, por calquera agresión verbal ou física ó arbitro, xogador, espectador ou organizadores do torneo.

16.- Ante o equipo/s que amosen unha falta evidente de deportividade á hora de tentar gañalo partido, non intentando conquerir gol nas suas accións ou ben non poñendo tódolos seus medios para evitalo, sendo beneficiados-perxudicados outros equipos, a Organización, previo informe do árbitro poderá expulsa-los do torneo.

17.- As normas da Federación Española de Fútbol Sala non incluídas na presente relación, serán as que se apliquen a este torneo.

18.- A organización non se fai responsable dos posibles danos morais ou materiais derivados deste evento deportivo.

19.- A participación dun equipo  neste Torneo implica a aceptación do regulamento por parte dos xogadores e do Equipo.

20.- Todo aquelo que non este contemplado no regulamento acollerase ás decisións da organización.